Javier Veiga

Volver

Aínda que naceu no Grove, foi dende moi novo para A Coruña a estudiar. Alí comezou en arquitectura pero abandonou no cuarto curso para ir estudiar Arte Dramática en Madrid. Xa na capital, participou en varias montaxes teatrais ata fundar a súa propia compañía, chamada Teatro Impar. Nela, Javier adicábase a producir, interpretar e dirixir versións teatrais de textos clásicos de autores como Chejov, Lorca ou Calderón.

Asemade, interpretou pequenos papeis en series de moito éxito como Farmacia de Guardia, El Súper ou Siete Vidas. Pouco tempo despois chegaron outros papeis televisivos de máis peso como en Robles, Investigador e en Moncloa ¿dígame?.

Presentou durante varias tempadas o programa de monólogos El Club de la Comedia e na actualidade está centrado no seu traballo no teatro.

Volver